FORMACIÓN CONCELLO

O Concello organiza varios cursos sobre novas tecnoloxías, audiovisuais e fabricación dixital

Os cursos impartiranse no centro municipal La Molinera entre xaneiro e abril

O comezo de ano vén cargado de diferentes cursos organizados polo concello de Ourense. O centro municipal La Molinera é o lugar elixido para estes oito cursos que se desenvolverán entre xaneiro e abril deste ano. Todos aqueles interesados poden incribirse na páxina web www.lamolinera.net.

Os cursos están divididos en tres categorías:

Bloque "Súbete ás novas tecnoloxías"

- Aprende a manexar o teu móbil - ANDROID. Data: do 23 ao 26 de xaneiro. Duración: 10 horas. Horario: de 9:30 a 11:30 horas.

- Iniciación á informática. Data: do 19 ao 28 de febreiro. Duración: 16 horas. Horario: de 18 a 20 horas.

- Internet. Data: do 5 ao 9 de marzo. Duración: 10 horas. Horario: de 18 a 20 horas.

Bloque audiovisual

- Edición de son - AUDACITY. Data: do 29 de xaneiro ao 2 de febreiro. Duración: 10 horas. Horario: de 9:30 a 11:30 horas.

- Retoque fotografías - GIMP. Data: do 6 ao 9 de febreiro. Duración: 8 horas. Horario: de 9:30 a 11:30 horas.

Bloque fabricación dicital

- Fabricación de máquinas CNC. Terá lugar os mércores 14, 21 e 28 de febreiro, 7, 14, 21 e 28 de marzo e 4, 11  e 18 de abril. Duración: 30 horas. Horario: de 17 a 20 horas.

- Fabricación de impresoras 3D. Data: 19, 22 e 26 de febreiro e 1, 5, 8, 12, 15, 22 e 29 de marzo. Duración: 30 horas. Horario: de 9.30 a 12:30 horas.

- Deseño vectorial e corte láser. Data: 20, 23 e 27 de febreiro e 2, 6, 9 13, 16, 20 e 23 de marzo. Duración: 20 horas. Horario: de 9:30 a 11:30 horas.

Para máis información, as persoas interesadas poden enviar un email ao correo electrónico [email protected], chamar ao número de teléfono 988 37 45 23 ou dirixirse ao centro municipal (Rúa do Abrevadoiro, número 1).

Te puede interesar