O Concello de Piñor anima os seus veciños a deixar de fumar

O Concelo de Piñor pon en marcha a terceira edición do Programa para Deixar de Fumar no vindeiro mes de febreiro. A pesar de contar con algunha persoa inscrita (da lista de espera da edición anterior), abrirase de novo o plazo para que se apunten novos participantes.
Coa recente entrada en vigor da Lei Antitabaco, son moitos os veciños fumadores que toman a decisión de abandonar o hábito, 'pois fumar na vida pública estase volvendo imposible', segundo apuntaban os responsables municipais. Asemade, engadiron que 'estanse vendendo moito certos produtos que facilitan o proceso de deixar de fumar pero só axuda na parte física, mentres que a parte psicolóxica (unha das máis importantes nas recaídas) queda desprotexida'. Por eso, o Concello de Piñor ofrece unha terapia gratuita, que permitirá deixar de fumar ós asistentes nun período aproximado de seis semanas e fundamentará o seu traballo no eido psicolóxico.

Trátase dunha terapia, creada na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago, que leva mais de 25 anos funcionando e acadando miles de exfumadores. O método consiste en sesións grupais, na que os participantes son apoiados e asesorados pola psicóloga, técnica do programa, que conta con formación especializada na terapia. Ademais das sesións grupais, o concello ofrece atención individualizada. Nas edicións anteriores o 50% dos asistentes deixaron o tabaco.

Te puede interesar