Os polígonos de Vilar de Santos, O Carballiño, San Cristovo de Cea ou Tamallancos son algúns dos beneficiarios
Os polígonos de San Cristovo de Cea, Cortegada, Pereiro de Aguiar, Vilar de Santos, A Gudiña, O Carballiño, San Cibrao, Barreiros e Tamallancos -dos cales, sete pertencen a Concellos Emprendedores- recibirán un total de 1.125.000 millóns de euros para melloras nas súas instalacións. En total, aprobáronse 15 proxectos para infraestruturas viarias, redes de saneamento e instalación de sistemas de seguridade e vixilancia.
A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, visitou este mércores o parque empresarial de Tamallancos, no concello de Vilamarín, onde anunciou estas partidas. Díaz Mouteira, que estivo acompañada polo alcalde, Amador Vázquez, e empresarios da zona, lembrou que "en 2017 o concello de Vilamarín resultara beneficiario dunha axuda de 194.000 euros para a creación dun viveiros de empresas no parque empresarial" sito neste municipio.