Cultura

Concerto de homenaxe á faceta musical de Rosalía de Castro

Será o vindeiro sábado 21 de novembro no Liceo

O vindeiro sábado, 21 de novembro, ás 20,00 horas, o Liceo acollerá "A Rosalía. Concerto para piano e voz emocionada", da pianista  Rosa Torres-Pardo (Premio Nacional de Música) e a actriz Lucía Álvarez (protagonista da serie "O sabor das margaridas"). Interpretarán a súa particular homenaxe á poeta Rosalía de Castro, enmarcada no ciclo cultural "As nosas letras na música&A música nas nosas letras", ao amparo do Plan de reactivación do sector cultural e turístico fronte aos efectos da covid-19, da Consellería de Cultura e Turismo.

Ambas artistas abordarán tamén a descoñecida faceta musical de Rosalía, que tocaba varios instrumentos, o cal influíu na súa poesía, e que foi unha adiantada ao seu tempo, influíndo tamén en García Lorca. Esta idea é a que uniron o piano de Rosa Torres-Pardo e a voz de Lucía Álvarez. 

Te puede interesar