ENTREVISTA

“Esto confirma o atractivo dos recursos pero máis falta acceso a eles”

O director do Plan Estratéxico de Turismo de Ourense e coordinador do Plan Termal, Mario Crecente, cre que, xa que se demostrou que os recursos gustan ós visitantes.

O director do Plan Estratéxico de Turismo de Ourense e coordinador do Plan Termal presentado en febreiro para toda a provincia, Mario Crecente, cre que, xa que se demostrou que os recursos gustan ós visitantes, agora é preciso convertilos en turistas, un camiño máis longo pero no que teñen que implicarse administracións e sector hoteleiro e de bens turísticos.



Quedou claro que o bo tempo, cecais, unha mellor perspectiva económica permitiron unha afluencia de turistas poucas veces vista nesta provincia interior. ¿Realmente Ourense gusta ó visitante?

Confirma o atractivo dos recursos que ten e amosa unha mellora económica no mercado galego e estatal. Eso é importante porque o mercado nacional é básico para a oferta ourensá. Confirma, pois, as expectativas pero na cidada falta aún o gran hotel balneario. Os primeiros pasos están dados e a ver se todo se pode concretar.



Como consolidar esa tendencia tan interesante?

Estaría ben ampliar o periodo de apertura dos balnearios, e penso que é fundamental o Plan termal. Xa está percorrendo as consellerías e irá ó Consello da Xunta, o que suporá un salto diferencial enorme. A nivel provincial vai cambiar tamén e na cidade, hai que ter en contra que se avanzou en aspectos urbanísticos e de xestión. Por exemplo, estase a piques de resolver o conxunto das Burgas pero tamén hai que resolver as condicións e detalles dos recursos naturais e das augas porque eso é fundamental para a empresa que explote o balneario.



Bastará para atraer visitantes?

Hai que traducir ese interés e conquerir que o visitante, o que non pernocta, se convirta en turista, que durme nos establecementos hosteleiros; e despois, que prolongue a súa estadía neles. A singularidade de Ourense son os recursos termais pero tamén gastronómicos, culturais, da moda. Todo pode axudar a fidelizar turistas e a atraer activos turísticos. E esperamos con ansia a asignatura pendente, o AVE, porque xa que temos recursos deberíamos ter os accesos para chegar rápidamente a eles.

Te puede interesar