ÁREA METROPOLITANA

O convenio do Concello de Barbadás, entre reproches

O CSIF ve "enganos" e o alcalde di que "en 28 anos co PP non se moveron"

A negociación do convenio colectivo dos traballadores do Concello de Barbadás enfrían as relacións entre o sindicato CSIF e o actual goberno local, que presidente o socialista Xosé Carlos Valcárcel. Esta central sindical vén de criticar o "engano repetido durante todo o mandato" por parte do rexedor, que cre que é "seña de identidade" do goberno local, mentros que Valcárcel volveu a insistir en que hai un negociador, "proposta que, por certo, fixeron os sindicatos", e que se están a seguir os pasos que este está a dar.

En particular, este sindicato lamentou a suspensión da mesa xeral convocada para o pasado 4 de abril para presentar o borrador do convenio laboral. Para o CSIF é a demostración de que o alcalde leva "esquivando" a negociación dunhas condicións laborais "moi precarias".

Para o alcalde, isto está lonxe da realidade, xa que a se convocou outra mesa para esta mesma semana, se ben tivo que ser desconvocada de novo a última hora debido a que se lle transmitiu que non todos os sindicatos estaban de acordo no día elixido, que ademais non cumpría os prazos legais, e que podería ser impugnada. "Foi conveniente desconvocar a mesa, hai un negociador que presta asesoramento e seguíronse os seus pasos axeitadamente", defendeu Valcárcel, que manifestou que "a miña obriga é respectar a legalidade".

O CSIF lamenta que o alcalde non abrise a mesa de negociación de convenio ata o pasado 7 de marzo, "facendo caso omiso ás nosas peticións", e que a acelera "para ter unha campaña sen mobilizacións". Pola súa banda, Valcárcel aféalles ao CSIF que protesten agora logo de "28 anos nos que nunca se moveron mentres gobernaba o PP". 

Te puede interesar