Cristina Pato e Nicholas Cords, espiritualidade no Principal

A ourensá Cristina Pato (piano) e o norteamericano Nicholas Cords (viola) chegan a Ourense, no marco do V ciclo Enclave de Cámara, cun recital centrado na idea de transformación e espiritualidade. Interpretando obras de compositores do século XX, achegarán unha visión fascinante e orixinal da música de cámara na actualidade. A cita será o xoves 14 ás 20:30 horas no Teatro Principal. Horas antes do concerto, no Teatro Principal ás 16:00 horas, os dous artistas asistirán a un encontro aberto co público no Conservatorio Profesional de Música de Ourense.

Te puede interesar