EDUCACIÓN

A Deputación activa as rutas para escolares pola provincia

<p></p>
photo_camera Os escolares do colegio Santo Ángel, xunto a Manuel Baltar, antes da visita guiada polo xacemento.

“Coñece Ourense" inaugurouse no Parque Arqueolóxico Castrexo de San Cibrao de Las 

A visita de 39 alumnos do terceiro curso da ESO do colexio Santo Ángel, de Ourense, ao Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las (San Amaro/Punxín) inaugurou onte o programa que acaba de poñer en marcha a Deputación dirixida aos escolares para dar a coñecer a provincia. "Coñece Ourense" ofrecerá durante este ano e o 2017 un total de cinco rutas culturais: O Carballiño-Ribadavia, Verín, Bande, Ribeira Sacra ourensá, e O Bolo-Manzaneda, segundo manifestou o presidente da Deputación, Manuel Baltar, que acompañou aos estudantes na visita polo xacemento, xunto co asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, e a coordinadora da actividade, Olalla Lorenzo.

O obxectivo está en mostrar o patrimonio natural e arquitectónico-artístico da provincia e nese sentido, apuntou o presidente, que a iniciativa “está dirixida aos alumnos de ESO en Ourense, para que coñezan elementos básicos da nosa cultura, do noso patrimonio, da nosa etnografía, en definitiva, que coñezan máis a nosa provincia, que é a súa provincia”, destacando a importancia de que unha administración como a Deputación de Ourense “aposte polo coñecemento dos ourensáns máis novos”.

Asemade o presidente provincial dixo que esta acción “ten que ver coa auto-identificación e con esa ourensanía da que sempre falamos e que sempre exercemos, nace para que os colexios da provincia se sumen a esta iniciativa cultural".

Nestes momentos, xa están programadas 35 excursións polas cinco rutas. Cada centro escolar visitará un destino, para o cal ten que escoller dúas das cinco opcións que se ofertan, por orde de preferencia. O número máximo de alumnado por centro é de 47. A reserva farase por rigoroso orde de chegada das solicitudes ao correo: [email protected]. n
 

Te puede interesar