Prevé rebaixar o custe de 6 a 4 millóns de euros ó asociarse cunha empresa privada

A Deputación de Ourense externalizará a xestión do lixo provincial cunha fórmula 'sen parangón en España'

A Deputación de Ourense comeza un proceso para externalizar a xestión completa dos residuos de toda a provincia, de forma que o día 1 de xaneiro de 2014 estará en marcha o novo servizo a cargo dunha empresa mixta formada pola institución e unha empresa privada que sairá dun concurso público, 'fórmula de xestión sen parangón é España', segundo explicou este xoves o presidente provincial, Manuel Baltar.
Nunha rolda de prensa convocada para explicar as actuacións previstas para este mes de xuño no Plan Ourense 92 da Deputación, o seu presidente aludiu á constitución dun consorcio provincial de incendios e á transformación da xestión de residuos na provincia, de servizo público a mixto.

Así, Baltar explicou que na actualidade 48 concellos da provincia delegaron esa xestión de residuos na Deputación, que na actualidade conta con 74 traballadores públicos laborais, 1 funcionarios, 40 vehículos, 18.000 colectores, 14 puntos limpos, 9 plantas de transferencia de residuos e 7 naves, o funcionamento das cales ten un custo agora para a institución de 6 millóns de euros ao ano.

O servizo actual, do que farase logo cargo a empresa mixta, inclúe a recollida de cartón, vidro e residuos orgánicos, xestión de puntos limpos, lavado dos colectores, transferencia de residuos, convenio de cooperación con Sogama e o servizo provincial de reciclado de entullos procedentes da construción e demolición, situado nunha parcela de 21.000 metros cadrados na bisbarra de A Limia.


RECORTE

Segundo Baltar, a futura sociedade permitirá un recorte de 2 millóns de euros no gasto da Deputación, 'que poderán destinarse a outros obxectivos como adquirir material e novas tecnoloxías', segundo aclarou.

A preguntas dos xornalistas, declinou concretar qué porcentaxe de participación terá a Deputación nesa empresa mixta, pero aludiu a outra empresa dese tipo, Acuaourense, na que o 33 por cento das accións é da institución provincial e o resto da empresa Aquagest.

O programa de externalización chámase 'Lou-Limpiaourense' e conta cun cronograma de execución que comezou en decembro de 2012 coa aprobación dun convenio marco para eliminar progresivamente os 13 convenios parciais existentes para o desenvolvemento deste servizo.

'Hoxe xoves día 27 iníciase o expediente para a externalización', anunciou Baltar, e engadiu que no pleno de xullo se aprobarán os pregos de condicións económicas e administrativas para o proceso, no que o comité de empresa deberá analizar como externalizar os traballadores 'sobre todo o que é funcionario', dentro do funcionamento dunha comisión xeral de seguimento do proceso, que estará integrado, segundo dixo, por representantes de todos os concellos que se adhiran, ademais dos 48 que xa formaban parte do servizo provincial.

Te puede interesar