SANIDADE

Un concurso para adolescentes: "Desmonta o alcohol"

photo_camera Una de las imágenes más repetidas durante el fin de semana en la Alameda del Concello de Ourense.

A Concellería de Sanidade anima a mocidade a reflexionar sobre o consumo de alcohol a través dun concurso de ideas

A Concellería de Sanidade anima a mocidade a reflexionar sobre o consumo de alcohol a través dun concurso de ideas. "Desmonta o alcohol. Apúntate unha idea. Con liberdade para pensar 2017". Esta é a cuarta edición do certame, que está dirixido a estudantes da ESO do Concello de Ourense.

Premiará os mellores lemas, accións, microrrelatos e curtametraxes no certame "Desmonta o alcohol, apúntate unha idea"

O tema das propostas deberá estar relacionado con: "O poder de ser ti mesmo (sen alcohol)". As categorías son catro:

Un lema en galego ou castelán con cinco palabras como máximo para resumir a idea

Unha acción en galego ou castelán para difundir a idea.

Un microrrelato en galego ou castelán cunha extensión máxima de 150 palabras.

Unha curtametraxe de non máis de 1 minuto para gravar a idea

Na última edición (a terceira), celebrada o pasado ano 2016, o concurso acadou a participaron dun total de 361 alumnos e alumnas de 12 centros educativos.

Te puede interesar