Educación investirá 65.000 euros no colexio de Sarreaus

O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia, Xesús Vázquez, estivo a primeira hora da mañá de onte no CEIP de Sarreaus, onde anunciou un investimento de 65.000 euros que a Xefatura Territorial de Educación na provincia de Ourense ten previsto facer para mellorar o pavillón no centro. 'Serán uns traballos de pavimentación', explicou o conselleiro, 'para que as 36 alumnas e alumnos do colexio teñan unhas instalacións nas mellores condicións para facer deporte'. Vázquez Abad visitou a biblioteca do centro, que acaba de recibir da Consellería apoio económico para incrementar os seus fondos.
Posteriormente o conselleiro visitou o CEIP de Sandiás e a súa nova biblioteca, máis completa e con volumes actualizados.

Finalmente, Xesús Vázquez achegouse ata o CEIP de Vilar de Barrio, onde comprobou a implantación do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras. De feito, o de Vilar de Barrio é centro plurilingüe desde este mesmo curso, e conta con tres seccións bilingües, abarcando a máis do 70% do alumnado do colexio.

Te puede interesar