DÍA DO COOPERATIVISMO GALEGO

Un espectáculo de música e baile para poñer en valor o cooperativismo empresarial

"A troupa do doutor milagre: cooperando facemos a viaxe" é o nome do espectáculo de Inventi Teatro, que terá lugar este xoves na praza de San Martiño ás 20,30 horas

Un espectáculo de música e baile para poñer en valor o cooperativismo empresarial

Con motivo da celebración do Día do Cooperativismo Galego que se celebra o primeiro sábado de cada mes de xullo, a consellería de Economía, Emprego e Industria organiza en toda Galicia diferentes actividades para "amosar á cidadanía o labor que desenvolven, os valores e o funcionamento das cooperativas", explica a Xunta de Galicia nuna nota remitida aos medios.

"A tropa do doutor milagre: cooperando facemos a viaxe" é o título do espectáculo da compañía de artes escénicas de Inventi Teatro. Este xoves a partir das 20,30 horas, a través da música, a improvisación, o xogo, o baile e a maxia, darase a coñecer na praza de San Martiño o mundo das cooperativas, dentro do programa "Cooperativismo en movemento".