OURENSE

Éxito de público na exposición de plantas carnívoras

Amósanse especies como a Drosera, Pinguicula, Dionaea muscipola, Cephatlous follicularis...

Amósanse especies como a Drosera, Pinguicula, Dionaea muscipola, Cephatlous follicularis... Son algunhas das especies de plantas carnívoras que se poden visitar no parque de Montealegre, nunha exposición do Concello en colaboración con Ferrovial e que xa rexistrou numeroso público. A mostra conta con 333 plantas de 29 especies e sete familias diferentes, procedentes dos cinco continentes.

A pesares da súa fama, son plantas inofensivas. Dado o seu hábitat de vida, sempre en lugares con moita auga, teñen deficiencias de nutrintes minerais, polo que necesitan dun aporte extra, xa que non os poden absorver do solo. Pero o seu xeito de atrapar os insectos é totalmente pasivo. Modifican as súas follas formando trampas ou ben cúbrense de pelos adhesivos. Poderanse ver tódolos días ata o 3 de maio excepto os luns.

Te puede interesar