Os expertos amosan 
a vixencia do escritor

photo_camera Asistentes á primeira cita das xornadas sobre Blanco Amor

As xornadas que pola tarde inaugurou o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, no Liceo de Ourense serviron para destacar a figura do escritor, ao que Vázquez cualificou de "inmenso intelectual e creador" á vez que destacou que o espírito da súa obra "segue vixente hoxe en día, como se manifesta no éxito dá recén estreada película 'A esmorga", de Ignacio Vilar, tamén presente nas xornadas da tarde e, pola mañá, no cemiterio de San Francisco.

Trala intervención do conselleiro, as xornadas continuaron cun relatorio de Alonso Montero, baixo o título "Tres incursións na vida e na obra de Blanco Amor: Manuel Azaña, García Lorca e a sociolingüística".

Os actos conmemorativos de onte completáronse coa presentación do libro "A moneca de Blanco Amor", de María Xosé Queizán, e unha actuación musical a cargo de María do Ceo, con Xavier Vaz ao piano. As xornadas continúan ata o mércores.

Te puede interesar