FESTAS 2016

As festas obrigarán a pechar temporalmente algunhas rúas este fin de semana

A rúa do Progreso será a máis afectada por estes cortes de tráfico ao longo do fin de semana a causa de varios eventos musicais e deportivos

O comezo das festas de Ourense implicará que algunhas das rúas da cidade teñan que ser pechadas temporalmente ao tráfico durante o fin de semana. 

O sábado 25, a Policía Local cortará a rúa do Progreso e os seus accesos á altura da Alameda polo espectáculo piromusical. Dende as 23:00 horas estará pechada esta arteria principal na rúa do Posío, desviándose o tráfico cara ao centro polas rúas Coruña e Pena Trevinca. No outro sentido, o peche será en Alférez provisional, tendo como alternativas a rúa Concordia ou Ervedelo. Tamén estará pechada ao tráfico a rúa Villa Valencia á altura da Ponte da Burga dirección Alameda. A actuación da orquestra prolongará este peche até as o3:00 da madrugada ao domingo.

O domingo 26, debido á celebración da carreira popular Correndo X Ourense, estarán pechadas de 11:00 a 14:00 horas as seguintes rúas: Progreso até Cruz Vermella, os accesos a Bedoya e Concordia e a metade do carril (en sentido ao parque de San Lázaro). As alternativas serán desviarse pola praza de Abastos e Doutor Flémming, ou Ervedelo, no outro sentido. Ademáis, a actuación da orquestra na Alameda volverá manter a rúa do Progreso pechada de 18:00 a 02:30 horas.

Te puede interesar