A organización prevé que a actuación de Carmen Machi, hoxe pola tarde, sexa o punto álxido

O Fito entra na recta final con gran acollida do público

Representación da obra 'Kamouraska', da man da compañía galega 'Inversa Teatro', onte pola tarde no Teatro Principal. (Foto: XESÚS FARIÑAS)
A V Edición del Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) que deu comezo o pasado 5 de outubro chega o próximo sábado á súa fin. A cidade inundouse de teatro durante estes días, da man das 14 compañías que parcitipan nesta edición, das que cinco son galegas, como 'Voadora' ou 'Il Maquinario'. De feito, o Teatro Principal encheuse onte, dende as oito e media da tarde, para a representación da obra 'Kamouraska', da compañía galega 'Inversa Teatro'.
Este ano, o festival está tendo unha gran acollida, de feito, segundo o encargado de comunicación e xestión de espectadores do FITO, Fernando da Costa, 'esta, se cadra, está sendo a mellor edición respecto á afluencia de público, xa que está habendo unha moi boa resposta por parte dos ourensáns e tamén moita xente de fóra, que se acercou para aqueles espectáculos, sobre todo, que son máis difíciles de ver'.

Según Dacosta, como 'son moitos días, ó principio a concurrencia foi moderada, pero a partir do terceiro día, -no que participou a compañía 'Granhoj Dans' coa obra 'Aline not Alone'- o ambiente foise caldeando, xa que a calidade dos espectáculos deste ano tamén é maior'. Dacosta afirmou que un dos espectáculos que, de momento, tivo máis impacto foi a obra 'Instrucciones para abrazar el aire' -que trata o tema do roubo de nenas durante a ditadura Arxentina-, da compañía ecuatoriana 'Malayerba', xa que 'soubo misturar o humor coa tenrura e a traxedia, deixando unha pegada inesquecible'.

Hoxe é outro deses días no que a organización agarda un 'cheo ata a bandeira', pois chega a Ourense a obra 'Jucio a una zorra', das compañías 'Mamafloriana e Kamikace', e que está protagonizadea por Carmen Machi. A actriz interpreta a unha Helena de Troia trasnoitada, lingoreteira e bébeda pola necesidade de aplacar a súa dor agochada.

Te puede interesar