EXPOSICIÓN

Fotografías para concienciar sobre a seguridade vial en Ourense

Ourense. 12-12-16. Local. Presentación exposición Sto Accidentes na deputación. Na foto Dosinda Aguiar, Benito Bouzada, Andrea Conde, Rosendo Fdez e Daniel Pousada.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Dosinda Aguiar, Benito Bouzada, Andrea Conde, Rosendo Fdez e Daniel Pousada.

As mellores 20 imaxes do concurso fotográfico da Asociación 'Stop Accidentes' estarán expostas no Auditorio Municipal do 16 de decembro ao 4 de xaneiro. 

Do 16 de decembro ao 4 de xaneiro terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense unha exposición das 20 mellores fotografías do concurso fotográfico sobre a seguridade viaria que organiza a Asociación 'Stop Accidentes'. Unha mostra na que colabora a Deputación de Ourense e que foi presentada este luns no Pazo Provincial. 

A Deputación de Ourense colabora con estainiciativa “co fin de reflexionar e concienciar á xente deste grave problema”, asegurou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández. Pola súa parte, Benito Bouzada, membro da asociación afirmou que "“o obxectivo da exposición é impulsar, a través da fotografía como forma de expresión social, a problemática viaria dos atropelos a peóns, así como xerar un espazo de reflexión a través das imaxes que permita o intercambio e a difusión entre un gran número de persoas”.

Te puede interesar