Francisco Rodríguez Fernández: ‘A cidade non crece porque ata agora fomos incapaces de xenerar emprego’

Alcalde de Ourense Francisco Rodríguez, no salón de plenos, diante dos escanos da oposición. (Foto: Xesús Fariñas)
Preocupado polo descenso da poboación na cidade, o alcalde, Francisco Rodríguez, confía na chegada do AVE como revulsivo, tanto para que o número de habitante medre como para que a economía ourensá se relance definitivamente, despois, di, de anos de falta de políticas para conquerilos. Agora, a súa tarefa máis inminente é aprobar os presupostos, que ‘humanizarán os barrios’ e aumentarán o gasto social.
Acaba de saír o último censo de poboación, que deixa a Ourense, tanto a provincia como a cidade, nunha situación cando menos delicada pola sangría de habitantes. ¿Cómo valora este dato?

O dato é cuantitativamente pouco relevante na cidade pero é curioso porque acontece dende hai tempo.


¿Pero non cre que é preocupante porque a cidade debería ser o motor da provincia?


Tiña que ser o motor, non sei se a razón pode ser pola carestía da vivenda, que levou ós cidadáns a residir en Barbadás, Pereiro, en concellos limítrofes, máis asequibles porque mercaban un piso a metade de precio.

¿Que debe facer o goberno municipal para frear esa caída?


Creo que no futuro inmediato, a chegada das novas comunicacións vai significar un aumento importante de poboación en Ourense. Agora hai moita xente traballando e vivindo en Vigo; co AVE, voltarán a Ourense porque poderán acudir ó seu posto de traballo en 20 minutos. En segundo lugar, hai que xerar posibilidades laborais porque se hai máis emprego, a xente quedará. ¿Por que non crece a cidade? Porque ata agora non fomos capaces de xenerar traballo, nin potencial industrial. Fíxese, por eso tamén a percepción da crise en Ourense é moito menor que en Vigo. Temos que poñer a funcionar todas as nosas capacidades para posibilitar a xeración de postos de traballo.


Hai unha cuestión que ‘molestou’ ó seu grupo, cando o socio nacionalista do goberno anunciou cambios en ‘Auria Verde’, básicamente ó plantexar a ubicación futura do estadio en Seixalbo e non no Cumial. ¿Está vostede dacordo? ¿É recoñecer esto que se copia o vello proxecto do PP, tantas veces denostado?


‘Auria verde’ forma parte do compromiso co noso socio de goberno pero esto que pasou demostra que esa iniciativa aínda necesita moita maduración. A actuación no Couto non soaba mal porque non é como o proxecto do PP, pero hai que pensar no campo de fútbol e en moitas cousas máis. Se inicialmente este era un compromiso do socio de goberno, cando o compartes con él se transforma nun compromiso de todos, pero unha actuación deste calibre require moitas reflexións. Por certo que eu, o que coñecía, eran as xestións do portavoz do BNG no Cumial. Agora mesmo, o cambio a Seixalbo non o contemplo aínda.


Falemos da ronda Bulevar. Eso de que se requira a construcción de 5.000 vivendas, ¿non fai que a recente presentación pareza máis un brindis ó sol que un proxecto real?


O diseño de modelo de cidade faise pensando no futuro. Estaba proxectada dende os anos 60 pero nunca se fixo nada. Nós, agora mesmo, temos unha parte xa para facer dúas actuacións, quero ser optimista e crer que a crise non durará toda a vida. Falabamos da necesidade de crear dinámicas que xeneren emprego e penso que este proxecto pode influir moi positivamente.

¿E eso da unión dos dous Campus a 20 anos vista?


É outro proxecto de cidade. O Campus novo naceu sin planificación, desordenado. E o plan de Mangado organiza cada peza. A gran obra é o soterramento da carretera de Ponferrada e, claro, ata que se finalice pode durar tempo.

¿Din no grupo que se vai tamén este director xeral de Persoal? ¿Por que?


O seu é un posto complicado. Nun colectivo de mil traballado res hai costumes sagrados difíciles de cambiar. De tódolos xeitos, David del Río está de vacacións e volve. Non sei se quere seguir, se está a gusto.


Pero se abandona, serían dous directores xerais que renuncian nun ano. Nese punto, ¿considera vostede satisfactoria a xestión do concelleiro de Persoal, Rodríguez Penín?


Creo que o labor dun concelleiro de Persoal é ingrata pero ten a miña confianza. Traballa intensamente para resolver os problemas, pero ás veces non lle axudamos ninguén. Por eso, pediría que tiveramos claro que nos debemos a toda a cidadanía e responder con profesionalidade. E eso se nos escapa.

¿Gústalle como queda a praza de Paz Nóvoa?


Bueno, sempre que se fai unha actuación é discutible e eu escoitei opinións para tódolos gustos, sobre todo pola rampa. Ó mellor, estéticamente era máis bonita doutro xeito, pero hai que pensar nos discapacitados, nos que a necesitan. Hai que facilitar ó máximo a mobilidade.

Como acaba de escomenzar un novo ano, fágame balance do pasado.


O máis importante foi, sen dúbida, o acordo con Fomento o derradeiro 24 de xaneiro, que significa un cambio histórico que vai transformar en positivo a cidade, ó levar pola periferia a integración do AVE. E logo non podemos esquecer a ronda Bulevar e o proxecto de unificación do Campus, ademáis da creación en Ourense da nova Confederación Hidrográfica do Miño e a redefinición da política de ordenación urbana, e en tempo récord. Esto culminou co encargo dun novo Plan de Urbanismo. Penso que foi neste ámbito onde se fixo un intenso traballo que nos permitiu liberar máis de 100.000 metros cadrados de terreos para dotacións públicas e equipamentos; por eso, xa temos solares para dous novos centros de saúde, o Centro de parques naturales, o parque botánico de Montealegre ou o edificio da Xustiza. E fixemos avances definitivos en saneamento e abastecemento, como a nova depuradora de augas residuais e o acordo con Acuanorte para modificar o sistema de captación e abastecer a cidade para os vindeiros 50 anos.


¿Para cando os presupostos que, penso, será o primeiro obxectivo do 2009? ¿Cales son as claves do vindeiro exercicio?


Si. A selección de obras para o Fondo estatal de inversión motivou un aprazamento da aprobación das contas. Con todo, terémolos aprobados na vindeira quincena de xaneiro. ¿As claves? Pois serán de similar cuantía ós do ano 2008 (97 millóns). Crecerá, eso si, o gasto corrente, pero para poñer en marcha ou consolidar novos servicios como as axudas para comedores escolares ou a acollida temperá, iniciativas das que me sinto especialmente orgulloso e que costan 400.000 euros. Ademáis, este ano imos mellorar a calidade da prestación de servizos como o da limpeza, o que supón incrementar ese gasto corrente en tres millóns de euros máis. E, dende logo, este vai ser o ano da humanización dos barrios, e da firme aposta polas políticas sociais e polos servicios.

¿Pero como van os presupostos a paliar a crise?


Xa fixemos unha modificación orzamentaria para adiantar proxectos coa idea de adxudicar novas obras e contribuir á creación de emprego, e as obras don Fondo estatal serán definitivas neste obxectivo.


¿Cre que a polémica dos paneis informativos supuxo un notable desgaste na xestión do goberno municipal?


Non hai ningún perxuizo para o Concello porque eso se parou a tempo. As formas, si, xeneran discusión e eso, claro, pode producir un desgaste.

Te puede interesar