OURENSE

A Fundación Blanco Amor divulgará a obra do escritor

photo_camera Tosar, Garrido, Montero, Vázquez, Baltar, Bóveda (madre e hija), Bóveda, Soutullo y Fernández (JOSÉ PAZ)

Constituiuse na Deputación o padroado que a rexirá e aprobáronse os estatutos da entidade

Os obxetivos están claros e son ambiciosos: catalogación, desenvolvemento e conservación do arquivo documental e biblioteca, así como de toda a información relacionada coa figura de Eduardo Blanco Amor. Divulgar a súa obra e as obras da súa colección privada e do seu arquivo documental e biblioteca; formar artistas e estudosos nos eidos anteriores e calquera outros relacionados cos mesmos; realizar actividades de fomento nos ámbitos cultural e social no exterior, e traballar para captar os fondos económicos necesarios para levar a cabo as súas actividades.

Con estas grandes premisas constituiuse o padroado da Fundación Eduardo Blanco Amor onte na Deputación de Ourense coa aprobación dos estatutos fundacionais, nos que se recollen as atribucións e obrigas do padroado, o réxime económico da fundación, os aspectos legais e os fins e beneficiarios da mesma.

Manuel Baltar explicou ao remate da reunión que “cando se cumpren precisamente 50 anos do regreso definitivo de Blanco Amor a Galicia, que foi o 16 de xaneiro de 1965, vimos de constituír o padroado e de aprobar inicialmente os estatutos. Un traballo que a partires de hoxe nos permitirá continuar con esa homenaxe permanente que debemos a un dos persoeiros clave non só da literatura galega senón universal”.

Baltar salientou que a Deputación de Ourense nos orzamentos de 2015 e aprobados en outubro de 2014, “xa destina unha partida inicial de 30.000 euros para o desenvolvemento de actividades ao redor da figura de Blanco Amor e para a constitución da fundación”.

Tamén engadiu que a reunión mantida onte “foi de absoluta unanimidade, aceptando integrarse na fundación as administracións presentes, e por suposto, a familia de Blanco Amor, e tamén para a aprobación dos estatutos, e co acordo igualmente unánime de converter este ano 2015 non só de inicio de actividades da fundación, senón tamén seguir na procura de transmitir o legado de Blanco Amor e promover e difundir a súa obra”.

A Fundación iniciou o seu proceso de constitución o pasado ano, no que se conmemorou o 35 aniversario do pasamento do autor ourensán, declarando o 2014 como Ano Blanco Amor dende o Parlamento galego por unanimidade de todos os grupos políticos con representación autonómica.

Te puede interesar