CELEBRACIÓN

Gastronomía e xogos populares para as familias de Taboadela

OURENSE (Taboadela) 11/08/2018.Festada familia en Taboadela .Iago Cortón
photo_camera Numerosos veciños acudiron ao xantar no pavillón da localidade.

Este sábado se celebrou a XXIV Festa da Familia

O concello de Taboadela celebrou a súa XXIV Festa da Familia, protagonizada pola gastronomía e os xogos populares para todas as idades. 

A xornada comezou ás 13,00 horas coa tradicional misa, despois da que tivo lugar a tirada de chave. A continuación, os máis de 200 participantes sentáronse a comer no pavillón polideportivo, onde gozaron dun menú a base de empanada, pulpo, carne ao caldeiro e á parrilla, pan, bebida, postre e café por un prezo total de 15 euros. Para baixar a comida, nada mellor que unha boa sobremesa acompañada dun campionato de tute para os adultos e varios inchables de agua na zona da piscina para os máis pequenos. 

Ao redor das 18,30 horas, os gañadores dos dous torneos do día recibiron os seus merecidos premios. Ademais, fíxose entrega dos galardóns de "Casa mellor restaurada do concello" e , o máis emotivo de todos, o otorgado ao "Matrimonio de maior idade". A celebración continuou ata á noitiña, coa música de varias charangas que amenizaron ás familias que aínda se atopaban tanto dentro como fóra do pavillón da festa. 

Te puede interesar