O grande analista do nacionalismo

Criouse na Avenida de Bós Aires e tivo 'unha infancia normal'. Andivo 'na escola da Pili', no Cisneros e rematou o Bacharelato no Instituto Masculino (hoxe Eduardo Blanco Amor). O da infancia normal hai que contextualizalo, pois nos anos sesenta eso significaba 'ser neno de rua, de pandilla, que significaba roubar avelás no verán en Mende, coller morcegos e meterlles un cigarro na boca e pólos a fumar'. Non disfrutaba con isas andanzas, pero a pertenza grupal facíao partícipe de andanzas 'que contiñan certo salvaxismo nas bromas'.
Fixo Xeografía e Historia en Santiago e especializouse en Historia Contemporánea. O paso pola universidade marcouno, como a boa parte da sua xeneración. 'Era a Transición, e estaba nunha universidade variada e viva que abocaba ó compromiso político e cultural'. 'Foron anos de aprendizaxe, con toda a vehemencia e inexperiencia propias da primeira xuventude, pero que foi conformando a miña persoalidade', que mantén, 'con moitos matices'.

Pertence ó que chama 'xeneración ERGA' movemento estudiantil nacionalista, no que compartía inquedanzas con Marcos Valcárcel, Manolo Guede, Bieito Iglesias, e outros. O seu interés pola política 'partiu distes anos; primeiro como activista e logo como estudoso, de xeito máis pausado e académico'.

Sobre as expectativas daquela época, recoñece que 'non se cumpliron', pois 'eran desmesuradas', ainda que 'houbo cambios sociais importantes que consolidaron unha normalización democrática razonablemente estable'. Porén, nos últimos anos 'entrouse nunha crise política, económica e financeira na que se instalou a corrupción sistémica, en España en Galicia, que impide que se vexan expectativas reais de cambio'. Niste senso, sostén que 'o sistema vello non desaparece e non nace un novo que o reemplace. Estamos ante un presente incerto', se ben quere ver 'indicios de cambio, pero moi incipientes e de tipo guadiana, que carecen de capacidade de influencia' nas estructuras do poder.
A Transición convertiuse nun icono das liberdades, pero o profesor Quintana afirma que ó seu amparo 'criouse unha caste política que foi atando privilexios e imbricándose co poder económico que levou ó bloqueo absoluto no que vivimos hoxe, cun grande divorcio ca sociedade'.

Como docente asociado na universidade, pensa que esta institución 'está mal, xa que por unha banda vive unha profunda crise orzamentaria, falla a adecuación entre a oferta e a demanda e preténdense resolver os desaxustes con criterios de mercado e eso acaba mal'. A elo engade que 'as elites universitarias fixeron dispendios e mala xestión durante anos, que agora se pagan'. Ilustra a sua afirmación cunha anécdota clarificadora. 'Por unha banda a Universidade -refírese á de Vigo, pero o exemplo é extrapolable- fai campaña en favor da ecoloxía e o respecto ó medio ambiente, e pola outra tén a calefacción a tope nas aulas, obrigando ós alumnos a andar en camisa en pleno mes de xaneiro, a base dun gasto brutal en enerxía. A iso hai que engadir o deficiente deseño dos edificios'.

Sostén que 'o Plan Bolonia ten cousas positivas e negativas, pero a universidade non é capaz de aproveitar o que de ten de bó iste sistema. Eso traducirase nunha peor calidade do ensino'.

Xosé Ramón Quintana é un estudoso do nacionalismo e da cultura galega. Con Marcos Valcárcel é autor dunha monografía sobre Otero Pedrayo, que sifnificou o rescate da figura do intelectual ourensán. Hai que engadir, artigos en revistas especializadas, ensaios ou conferencias. Con todo, a maior aportación do intelectual riguroso que é, seguramente está no libro 'Un longo e tortuoso camiño (1971-2009). Adaptación, crise e cambio ', no que analiza a evolución do nacionalismo galego.

Polo que se refire á actualidade,o profesor Quintana sostén non é optimista, xa que 'os seus actores principais non saben o que deben facer; hai gran competencia na oferta política e electoral' e ainda que 'Beiras tivo un indiscutible éxito electoral, ten carácter coiuntural, condicionado polo handicap da idade do líder e a falla dunha organización sólida. Por iso o futuro é unha incógnita'.

Te puede interesar