O IES de Viana, finalista dun premio para previr o racismo

O IES Carlos Casares de Viana do Bolo acaba de ser seleccionado entre 421 candidatos coma un dos seis finalista da comunidade autónopara ó Premio de Acción Magistral 2012, polo proxecto 'A participación cidadá, enerxía para unha senda'.
O premio é convocado anualmente pola Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD) e pola Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO. O obxectivo do certame e recoñecer accións favorecedoras de valores prosociales de solidariedade, xustiza e igualdade, prevención de condutas de risco, como a drogadicción, o racismo ou a xenofobia e as accións que relacionan a escola coa sociedade.

O proxecto do IES vianés parte dun concepto amplo de convivencia, que inclúe a mediación, o voluntariado e a implicación no desenvolvemento co proxecto de cooperación en Bolivia. Procura a participación activa do alumnado nos procesos e plantexa un tratamento curricular da participación.

Te puede interesar