ENTREVISTA

"É importante que ninguén cale ante o acoso escolar"

photo_camera María Luz Fernández Quintas.

Despois de 26 anos na Administración galega, María Luz Fernández Quintas acaba de ser nomeada como a nova xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en substitución de Mercedes Gallego. 

Como afronta esta nova etapa?

Con moita ilusión. Non é a primeira vez que estou aquí. Xa é como recurrente na miña vida vir a Educación. Foi o meu primeiro destino como funcionaria. Volvín estar unha etapa de oito anos e agora de novo, polo que xa coñezgo algo a "casa". 

En que ámbitos traballou dende que accedeu á Administración?

Levo 26 anos de funcionaria. Empecei en Santiago, na Consellería de Pesca como persoal eventual. Despois, estiven en Ourense, en Traballo, na sección mediación, arbitraxe e como letrado conciliador. Ao aprobar a oposición, tiven en Educación o meu primeiro destino para voltar a Santiago. Viaxábamos tódolos días en autobús, ata que nun concurso de traslados me viñen da Dirección xeral de Transportes de Santiago para un centro de menores ourensán. Estiven oito anos para recalar de novo en Educación.

Por que decidiu opositar?

Veu case sen pensar. Fixen Dereito pero o estrado e ir ao xulgado como que me producían un pouco de aprensión. Empecei na Administración así, sen querer, aprobando oposicións distintas e estou encantada de facelo.

Que retos se marca agora como xefa territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria?

En primeiro lugar, non defraudar a quen confía en min para que me faga responsable de esto e a moitas persoas que coñezo despois de traballar aquí. Un sempre quere estar á altura das circunstancias e facer o traballo o mellor posible: atender á xente e as súas demandas e, na medida do posible, axudar. Nós estamos aquí ca loxística. Tamén, traballar moito. Creo que o traballo é a clave do éxito. 

Cales son as materias pendentes na provincia en materia de Educación?

Acabo de chegar e sería moi atrevido pola miña parte facer ningunha valoración cando estou aínda ca toma de contacto cos distintos xefes de servizos das distintas áreas. A intención é que todas as semanas nos reunamos tódolos xefes de servizo, porque é unha forma de traballar cunha visión máis panorámica e completa do que acontece. 

Por outro lado, na delegación, decisións como, por exemplo, reválidas sí ou non, non se toman aquí. Nós o que facemos é cumplir as normas e que o profesorado e centros conten con todo o que precisan. A miña labor céntrase na xestión. 

Falando das reválidas, neste curso estréase a reválida para os mozos de 20 de bachillerato. Que menxase lle enviaría?

Que estean tranquilos, que é o que se nos decía cando íamos ao selectivo. En calquera caso, en materia educativa non quero opinar, porque non son docente e hai expertos cualificados neste sentido. O meu labor é a xestión dende a xefatura territorial.

Non obstante, hai temas sensibles como o acoso escolar...

É difícil opinar sobre todo ao non proceder do ámbito educativo. A Consellería ten os seus protocolos de actuación pero, como todo, o respeto é fundamental. Aconsello que ninguén cale nada para poder ter coñecemento das situacións e poder actuar. 

As familias organizaron fai un mes a primeira folga contra os deberes. Algo novidoso...

Na miña época era algo impensable. Ten que haber un equilibrio. Ao mandar deberes foméntanse hábitos de traballo, pero hai que buscar un equilibrio para que poidan participar noutras actividades tamén. Como nai, porque teño tres fillos, penso que algo de traballo sempre lles ven ben porque senón eles e a tableta convértense en elementos inseparables. Polo menos na miña casa (di sorrindo). 

Te puede interesar