ENTREVISTA

Jesús Vázquez: "Tivemos unha serie de complicacións cos orzamentos e agora o tempo é limitado"

SAN CIBRAO DAS VIÑAS (LA REGIÓN). 23/03/2018. OURENSE. El programa de Telemiño recibe al alcalde de Ourense, Jesús Vázquez para su programa "La Entrevista de hoy". FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Jesús Vázquez, durante a entrevista en Telemiño.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, pasou onte por Telemiño para repasar a actualidade do Concello, marcada pola presentación do proxecto do ecobarrio na Ponte ou a negociación fallida dos orzamentos.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, pasou onte por Telemiño para repasar a actualidade do Concello, marcada pola presentación do proxecto do ecobarrio na Ponte ou a negociación fallida dos orzamentos.

Que representa o Ecobarrio?

Estamos falando dun proxecto pioneiro que ten distintos compoñentes. Por un lado vaise actuar en 31 edificios públicos ós que se lle vai proporcionar un aforro directo grazas a enerxía renovable, en calor e e auga quente, pero por outra parte, tamén noutros 18 edificios privados, nesta primeira fase, edificios do ámbito social, que xa teñen uns anos, vivendas sociais coas que damos ese paso de proporcionar ás persoas que máis o necesitan esa primeira comodidade. Para unha familia que hoxe consume nos cinco meses de inverno uns 500 euros dentro duns anos o que vai a pagar será uns 150 euros Estamos falando tamén de 300 empregos.

Se falamos de futuro, hai unha asignatura pendente que o Concello ven arrastrando, que son os orzamentos, coa oposición négandose a sentarse. 

Eu creo que é un acto de irresponsabilidade. Cada día estamos máis preto dunhas eleccións e parece que todo é máis difícil. Creo que é unha mágoa, o feito xa de non querer sentarse é unha mostra de irresponsabilidade e de falta de respecto a propia cidadanía. Nós imos a seguir con esa tramitación porque o noso obxectivo e sacar adiante os orzamentos. É importante porque é un dos documentos xunto co PXOM que permite crecer a unha cidade a través dunha proposta. Nós puxemos sobre a mesa unha proposta moi social, onde este aspecto medra máis dun 21%.

O PSOE, por exemplo, alega a falta do informe do interventor. Esa desconfianza que xenera?

Eu creo que non é desconfianza, eu creo que se trata de alongar un proceso para ó final non apoiar e atopar que chegamos a un momento no que xa non se poden aprobar. Hai catro anos existía a posibilidade de aprobar os orzamentos en xunta de goberno, nós non temos esa oportunidade. Os últimos que se aproban foron no ano 2014 en xunta de goberno, non co apoio do resto dos grupos, e cun informe do interventor moi duro naqueles momentos. Os informes dos interventores sempre son duros, son moi estrictos, pero o normal é que primeiro negociemos os orzamentos, que nos sentemos e que os presentemos a información, e coa información dos distintos técnicos poder levalos a pleno. O que non ten sentido é que presentemos un informe do interventor que nos sirva como desculpa ante calquera dúbida que se poida formular.

Ante a falta de negociación di que o proceso segue. Estaría disposto a cuestión de confianza?

Si, pero chegados a este momento nós xa demos o paso e temos que ir ata o final para tratar de chegar a tempo de que poidamos presentalos. É certo que no último ano non se pode presentar unha moción de confianza e é certo que o traballo nestes últimos catro meses foi de punteo diario, de feito o informe o recolle. Non puidemos presentar o anteproxecto en decembro, que me tería gustado, ou o 15 de xaneiro, non é deixadez política neste caso. Houbo unha serie de complicacións e agora temos un tempo moi limitado e eu teño que dicir que creo que hai outras circunstancias que fan que non se senten ou que pidan ese informe do interventor. Porque quince días que se perdan ou un mes é xa suficiente para non chegar.

Na última xunta de goberno local avanzouse noutra cuestión pendente, o traslado dos praceiros ó que será o mercado provisional. Houbo unha negociación dura, e longa.

Si, foi unha negociación dura. Eles reclamaban uns dereitos, o interventor no seu momento entendía que nós non podiamos iniciar un procedemento de obras sen o consentimento da propia concesión, porque inda que o edificio é público os titulares da concesión son eles. Polo tanto entendía que previo a todo procedemento tiña que estar enriba da mesa o acordo dos titulares. Eles entendían que nós tiñamos que pagar o traslado, a adecuación, correr con todos os gastos porque era unha decisión que adoptou un goberno e non eles. Hai informes económicos nos que aparece o enorme gasto que eles van ter que asumir. Así que chegamos a un acordo para tratar de minimizar estes gastos e facerlles entender que o día de mañá van contar cunha infraestructura moi importante. 

Porque o que vai ser a rehabilitación limítase a súa estructura, despois cada praceiro debe asumir a adecuación do seu posto.

Os 5,5 millóns unicamente se destinarán á propia estructura, en lugar de dúas plantas pasa a haber tres, quedando un edificio marabilloso, restaurado totalmente por fóra pero por dentro vacío, cunha serie de servizos, por suposto, pero non distribuido. Logo hai que facer toda a compartimentación.

Comenzará entón outra guerra?

Esperemos que non. Sabiamos que non ía ser doado, pero dera un paso un goberno anterior e nós fumos quen tamén de conquerir eses fondos. A partir de aí comezou a negociación que non foi fácil. 

E que pasa co rianxo?

Gran parte do rianxo tamén se traslada. Como concesión tamén lles ofreceron ós comerciantes do rianxo o traslado ó provisional. Por certo, estructura que é de titularidade municipal e que vai a quedar a disposición do Concello para instalar en calquera espazo para darlle uso, evidentemente non na Alameda. 

Te puede interesar