ELECCIONES

José Sampayo, do PP, quere sacar a Amoeiro da actual “parálise"

Sampayo chegou á política en 2011 e sostén que Amoeiro está desde 2007 "atascado nunha parálise absoluta

José Sampayo, do PP, quere sacar a Amoeiro da actual “parálise"

José Sampayo repetirá como candidato do PP en Amoeiro co obxectivo de "dinamizar" un Concello "sumido na parálise pola ausencia dun verdadeiro proxecto local, polas únicas aspiracións do seu actual rexedor –o socialista Rafael Rodríguez Villarino–, que non están no concello, senón en medrar na política", afirmou o presidente provincial do PP, Manuel Baltar.

Sampayo chegou á política en 2011 e sostén que Amoeiro está desde 2007 "atascado nunha parálise absoluta, coas infraestruturas básicas abandonadas e sen aproveitar a súa proximidade á capital da provincia", a trece quilómetros. Así, o candidato popular fala de "illamento" y "nula xestión" do goberno socialista, que "impiden que moita xente escolla Amoeiro para vivir". Entre os obxectivos, solventar a "falta de vivenda" cun parque público, crear unha residencia e centro

de día, e mellorar as comunicacións cun transporte interno entre parroquias.