ENTREVISTA

"Levo meses repartindo comida en bici, tiña que sacar algo de aí"

_xabier_cid
photo_camera Xabier Cid, onte recollendo o premio.

O ourensán Xabier Cid (Ourense, 42 anos) recibiu onte o galardón do XXI Premio de Poesía do Concello de Carral, un dos de maior prestixio da literatura galega, pola súa obra "As bicis".

 Xabier Cid non é poeta, ou non o considera. É consultor de comunicación e agora desenvolve novas facetas.  "Síntome un pouco o farsante", confesa, tras recoñecer que non se dedica a escribir poesía de xeito habitual, fíxoo "para levar o premio". Vive en Stirling (Escocia), onde leva xa vai para 12 anos. 

Que nos pode dicir da súa obra?

A obra ten unha parte importante da miña experiencia co mundo da bicicleta. Non do ciclismo de montaña ou de competición, senón da bicicleta de dar paseos, do desfrute da bici.  Non diría que é o tema, pero é unha parte. Poderíase dicir que  é un libro sobre a "nada", sobre a inutilidade de dicir as cousas . Despois hai, como en todas as poesías, algo de amor, algo de morte... 

En que se inspirou? 

Hei de confesalo. Pero nin meus pais o saben...Levo uns meses repartindo comida a domicilio en bici. Digamos que non é algo que quero ser de maior, pero esa experiencia tíñame que servir para algo. Non dubidei de que tiña que sacar algo de aí. Se tes un traballo así, saca algo de rendemento. E de aí saquei a inspiración. Ademais, en vez de ir ao ximnasio, fago bici. 

O xurado resaltou que o fixese  cunha voz feminina. Foi así?

En parte, si. A persoa que fala é de xénero gramatical feminino. O xurado leuno e pensou: é unha muller. E asociaron que era un libro escrito por unha muller. A protagonista pode ser unha muller ou unha persoa de xénero non binario. Hai que superar o binarismo, por iso quixen xogar con iso.

Non é un escritor tradicional?

Escribín unha pequena novela no 2000 e o motivo foi o mesmo ca neste caso, por un concurso. Escribo porque escribir é o natural do ser humano, pero literatura como tal, non. Síntome algo farsante, alguén que se aproveita da circunstancia. Mérito ten o que escribe a cotío. 

Por que non en inglés? 

O meu inglés é bo, pero non o suficiente como para gañar concursos literarios. Penso en ambas linguas, pero cando me sento diante do papel, só me sae o galego. 

Te puede interesar