Liberan unha persoa tras un accidente na Ponte de Velle

Os bombeiros de Ourense tiveron que intervir para auxiliar a un conductor que padeceu un accidente no cruce entre a N-120 e N-525.

Os bombeiros de Ourense liberaron este venres unha persoa que quedara atrapada no interior do seu vehículo tras sufrir un accidente de tráfico, segundo informa o 112.

Tratouse dunha colisión entre dous vehículos que circulaban pola Ponte de Velle, no cruzamento entre as estradas N-120 e N-525, no termo municipal de Ourense. Foron os axentes de tráfico os que deron a alerta ao 112 do sinistro pasados uns minutos das 16,40 horas. A continuación, o 112 informou a Urxencias Médicas e Protección Civil, ademais de aos efectivos do parque da cidade.
 

Te puede interesar