O Consello Social ensalzou o traballo do expresidente Emilio Atrio

Luz verde ós orzamentos da Universidade de Vigo

Os membros do Consello Social con Salustiano Mato, Emilio Atrio e Ernesto Pedrosa no centro da imaxe. (Foto: MARTIÑO PINAL)
O Consello Social da Universidade de Vigo avalou os orzamentos propostos polo Consello de Goberno para o ano 2012, fixados en 162.969.000 euros, o que supón un descenso do 3% con respecto ó ano que agora remata. O reitor da institución, Salustiano Mato, definiunos coma os orzamentos 'do equilibrio, da estabilidade' e que lle permitirán á Universidade 'seguir traballando para un futuro de crecemento'. En palabras de Mato, o logro está en conseguir 'facer os recortes obrigados sen afectar na marcha ordinaria' do centro.
O último pleno do Consello Social deste ano contou coa presencia do presidente, Ernesto Pedrosa, e do resto de membros, entre os que figuran o presidente da CEO, Francisco Rodríguez, ou a concelleira Mónica Vázquez. Ademais do asunto económico, a orde do día incluía a necesidade de aprobar a recepción das coleccións científicas do médico ourensán Vicente Rodríguez Gracia, que serán depositadas no Campus de Ourense. Salustiano Mato quixo salientar neste punto a importancia do 'mecenado', que debería ser unha área a 'potenciar' e que para a Universidade significa 'facer futuro'.

Te puede interesar