24- M/ Ourense

A “marea” promete un concello de persoas

21.05.15.OURENSE.XARDINS.DA.MOLINERA.ACTO.CENTRAL.OURENSE.EN.COMUN.
photo_camera Asistentes ao mitin central de campaña de Ourense en Común, na Molinera.

O cabeza de cartel, Miguel Doval,  pediu o voto dos asistentes porque quere, dixo, facer "un concello das persoas".

A plataforma cidadá Ourense en Común celebrou na Molinera o acto central da campaña electoral na cidade. O cabeza de cartel, Miguel Doval,  pediu o voto dos asistentes porque quere, dixo, facer "un concello das persoas".


Doval e a candidatura da "marea" definíronse como "xento do común" que quere levar a voz e a implicación dos veciños ao Concello da cidade e xestionalo dacordo cos desexos da cidadanía, creando un novo modelo de cidade que vele polo "ben común". O acto central reuniu a decenas de persoas nos xardíns da Molinera.

Te puede interesar