O mércores remata a tempada das piscinas locais

O pasado venres rematou a actividade da escola municipal de natación que se desenvolveu ao longo da tempada estival nas piscinas municipais de Ribadavia. O remate da apertura ao público das mesmas está previsto para o vindeiro 8 de setembro, xornada festiva local en Ribadavia, segundo indicou o teniente alcalde, Anxo Collarte.
No obstante, sinalou que 'si se confirman as previsións de chuvia para o martes e mércores, o luns 6 de setembro podería ser o último día de apertura'.

O concelleiro de Deportes agradece o traballo dos empregados municipais encargados da instalación, engadindo que o número de usuarios foi superior ó doutros anos.

Te puede interesar