O 40,4% emprégao sempre, fronte ó 12,3% que só conversa en castelán

A metade da poboación da provincia fala galego

Ourense segue a ser a primeira das catro provincias galegas cunha maior porcentaxe de galegofalantes. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, o 40,4% da poboación fala sempre en galego, mentres que o 13,8% dos enquisados aseguran empregar máis o galego ca o castelán. Estas cifras case duplican as taxas porcentuais da provincia de Pontevedra, onde un 20,7% dos habitantes falan sempre galego, fronte ó 26,4% que emprega sempre o castelán, encóntrandose así no vagón de cola de Galicia, segundo os datos do IGE.
Por concellos, Ourense é a segunda das sete grandes cidades en número de galegofalantes, só por detrás de Santiago de Compostela. Na delimitación municipal o 19% declara falar sempre en galego, fronte o 25% que o fai sempre en castelán. As cifras son lixeiramente superiores na capital compostelá, onde os galegofalantes habituais achéganse ó 21,2%, mentres que o 31% falan máis galego ca castelán. Na cola está o Concello de Vigo cun 7,1% de galegofalantes, fronte a un 43,4% da poboación que manifesta falar sempre en castelán. Cunhas taxas semellantes sitúase o Concello da Coruña, onde a porcentaxe da falantes habituais de galego é do 7,75%, mentres que os castelanfalantes achéngase ó 36%. Lugo é o segundo Concello, cun 16,8% de galegofalantes.

Te puede interesar