Viceportavoz de Fomento no Senado

Miguel Fidalgo: ‘As grandes infraestructuras que sempre soñamos para Ourense estanse a facer’

MIguel Fidalgo. (Foto: Archivo )
Co seu nomeamento como viceportavoz de Fomento no Senado, Miguel Fidalgo inicia unha nova etapa na que axudará a por en valor a política de infraestructuras.
O socialista ourensán Miguel Fidalgo Areda exerce desde o pasado mes de marzo labores políticas en Madrid, como senador pola provincia de Ourense. Na Cámara Alta ten tarefas na Comisión de Vivenda (vocal), na de Medio Ambiente (secretario) e agora tamén na Comisión de Fomento, tras ser nomeado viceportavoz da área, axudando coas súas tarefas ó número un da comisión, o senador Juan Luis Gordo, que é o que ostenta o cargo de portavoz.

¿Que supón para vostede este nomeamento?

A miña función como viceportavoz da Comisión de Fomento traducirase en explicar, difundir e por en valor a política de José Luis Rodríguez Zapatero en materia de infraestructuras, que é, sen dúbida, amplia e con cambios importantes como o que se está a producir na modernización da rede de estradas ou nas comunicacións en xeral, grazas a esa aposta estratéxica do Goberno central polo ferrocarril ou a modernización do transporte aéreo. É unha responsabilidade compartida co portavoz, axudalo nesta complexa área e explicar que as grandes accións en infraestructuras se están a facer, contribuir a que esa xestión sexa percibida polos cidadáns, porque moitas veces non é así.

¿Que lle pode reportar a Ourense e a Galicia o seu nomeamento como viceportavoz de Fomento?

Para o grupo territorial dos senadores de Galicia é importante ter responsabilidade en Fomento en tanto que é un momento histórico para a Comunidade galega porque se están a realizar esas grandes infraestructuras que sempre desexamos. É importante para, na medida do posible, garantir todas esas reivindicacións históricas de Galicia. Hai que ter en conta a aposta estrela de Zapatero por equiparar as zonas máis olvidadas e polas en primeira fila. Os mecanismos están aí e trátase de ver que contan co debido seguemento.

¿Este cargo é unha suma as súas responsabilidades ou afronta esta nova labor en Fomento en detrimento doutras?

Vou manter as miñas responsabilidades. Esto non me quita esforzos, senon todo o contrario, permíteme realizar una función máis intensa no Senado, que me serve a min para aprender e traballar nun terreo no que son novo. Frente a esto vou a responder con vontade e ánimo de traballar o mellor posible.

A política de infraestructuras e, cequáis, unha das máis controladas pola cidadanía. ¿En que nivel sitúa a Ourense?

Creo que todas as grandes liñas que sempre soñamos os socialistas de Ourense estanse a facer. O AVE coa Meseta sufriu un pulo sen precedentes e o mesmo pasa coa conexión con Santiago, dúas infraestructuras fundamentais. Polo que respecta o AVE con Vigo, viase redactar o proxecto este ano e se inician dúas líneas do ferrocaril: o AVE e a alta velocidade entre Monforte e Ponferrada pasando por Valdeorras, que están en estudio informativo. Pero nos orzamentos do Estado para 2009 refléxase algo máis cun interese polo ferrocaril de alta velocidade. Tamén se incide en carreteras: a autovía a Verín con Portugal, a de conexión con Lugo, a de Ourense a Ponferrada, atravesando Valdeorras... Ademais hai que traballar tamén por manter o que xa temos e ilo modernizando, como pode ser a eliminación dos puntos negros nas estradas. En definitiva, creo que todas esas grandes infraestructuras que algún día anhelamos para Ourense e que o Partido Popular nin sequera as plantexou, estanse a executar e vanse facer, e imos facer un seguemento de todo eso.

Xa está metido de cheo en tarefa.

Xa mantivemos algunha reunión. A primeira coincidiu trala presentación dos orzamentos do estado para o próximo exercizo, así arrancamos cun debate sobre os orzamentos recollidos polo Goberno central.

¿Satisfeito co nomeamento. É un recoñecemento a labor que está a desenvolver no Senado?

Esto moi satisfeito. É para min unha etapa máis a que lle vou corresponder con entrega como sempre fixen.


Te puede interesar