LAROUCOFEST

Música e deporte para concienciar sobre os incendios

Os asistentes ao festival Laroucofest, que terá lugar os días 8 e 9 de xullo en Baltar, poderán desfrutar de 150 artistas. 

O próximo 8 e 9 de xullo o Concello de Baltar acollerá a segunda edición do Laroucofest co obxectivo de sensibilizar sobre o gran problema dos incendios. Moita música, deporte e artesanía son os ingredientes dun festival que o vicepresidente da Deputación de Ourense considera "de referencia". 

Kepa Junquera, Tiruleque e os Festicultores serán algúns dos 150 encargados de poñer a música e o ritmo a dous días no que tamén haberá un encontro de parapente. Tamén se poderá ver unha proxección audiovisual sobre a catástrofe que provocan os lumes. 

Te puede interesar