Unha nova edición das rutas biosaudables fomenta bos hábitos entre os maiores

A concelleira de Sanidade e Benestar Social, Marga Martín, presentou onte o programa ‘Aprende a moverte, aprende a alimentarte’, dirixido fundamentalmente ás persoas da terceira idade, coa fin de incentivalas a manter durante os dous próximos meses hábitos físicos e alimentarios saudables. Para iso, sinalou Marga Martín, ‘usaremos os recursos da nosa cidade’, en referencia aos circuitos biosaudables do Paseo das Nifas, a Lonia e o Barbañica. ‘Queremos promover que a xente os coñeza e os utilice’.
As rutas biosaudables arrancarán o 6 de xullo e finalizarán o 21 de agosto, e en grupos de 25 persoas, desenvolveránse os luns, mércores e venres, partindo sempre dende o pavillón de Os Remedios. Cada roteiro disporá dunha sesión de adestramento propia, aproveitando o equipamento de estruturas físicas da que dispoñen os tres circuitos. O Concello repartirá, entre os participantes, podómetros cos que medir as distancias percorridas.

Embarazadas O programa incluirá tamén formación en hábitos alimenticios, dando conta de que é o máis aconsellable comer e beber, e con que regularidade, no verán.

A concellería mantén aberto o prazo de inscripción para as actividades que nos meses de verán se dirixen a mulleres embarazadas, e que este ano serán ioga, natación e ximnasia na auga.

Te puede interesar