Organiza unha campaña de visitas a espazos do ámbito produtivo e cultural
A organización xuvenil Novas Xeraciónd do PP está a desenvolver unha campaña que ten como obxectivo dar a coñecer aos mozosa riqueza produtiva e cultural da provincia e promocionar as súas potencialidades. O Museo do Entroido de Ourense, unha explotacion de raza caldelá na Peroxa, o traballo que se desenvolve no sector vitivinícola no Ribeiro, a praza de abastos do Xurés, o complexo arqueolóxico Aquis Querquennis ou a igresa de Santa Comba deBande foron algúns dos lugares polos que pasaron os membros de Novas Xeracións. No transcurso destras visitas estiveron acompañados por xoves de distintos puntos da provincia.
O presidente da Organización xuvenil, José Antonio Parente, puxo de manifesto a importancia de dar a coñecer, de un moto directo, aos mozos e mozas a riqueza da provincia. Considera Parente que este é "un excelente medio para conseguir unha mellor comprnsi´no desta provincia e saber poñer en valor as súas potencialidades". Nunha destas visitas, concretamente a realizada ao Museo do Entroido de Xinzo, os participantes na actividade estiveron acompañador polo presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar.