Un novo boletín recolle datos encol dos viños de O Ribeiro

O novo boletín informativo do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro destaca, entre outras seccións, a aprobación do novo regulamento, o pasado 18 de xullo. Esta normativa incorpora cambios sustanciais no marco legal que rixe á Denominación de Orixe como a autorización das variedades de uva Lado e Caíño branco, a reducción do rendemento máximo autorizado por hectárea e a incorporación de novos tipos de viño como o espumoso e o barrica.
A publicación do Consello tamén fai mención dos 21 Premios Excelencia acadados polos viños do Ribeiro,correspondentes ó presente ano e que otorga a Asociación Galega de Catadores; as sete medallas gañadas no Concurso Internacional de Bruxelas e as 19 distincións da revista inglesa Decanter.


VISITAS

O boletín, que recolle información entre os meses de abril a xuño, inclúe, ademais, unha reportaxe sobre a presencia de 30 marcas de bodegas de O Ribeiro no Centro Cultural de Chicago, o 21 de xuño pasado. no que a variedade treixadura obtivo un sinalado éxito. Por outra banda, a revista trimestral lembra as visitas realizadas ás adegas da Denominación, coma foron as dos xornalistas Yoshiko Akehi e Juan Cuesta, así como da Asociación de Sumilleres Gallaecia e, tamén, da Asociación Galega de Catadores.

Te puede interesar