Cuando un amigo se va queda un espacio vacio que no lo puede llenar la llegada de otro amigo.
O acontecer diario sempre nos dá sorpresas. E algunhas, por seren tan inesperadas, deixan feridas que tardan moito tempo en curar; mellor, que nunca curarán na súa totalidade.
Vai pra un mes que un amigo, co que compartín bos momentos, deixounos. E fixo sen despedirse nen avisar. Marchou de súpeto sen dar unha sinal de alarma. E como a sorpresa foi tan grande a ferida aínda non pechou e moito me temo que non o fará nunca.
Con Manuel Babarro persoa a que apreciaba uníame unha amizade de moitos anos, uníame unha amizade que viña dos tempos da mocidade e que se fortaleceu na vida laboral case conxunta. E froito desa amizade saían conversas de todo o que acontecía ó noso arredor. Así falabamos da famila, da educación, da política, da situación dos nosos concellos, da Xunta ou do que acontecía no mundo. Eran conversas cheas de sinceridade e moita retranca, pois o meu amigo era unha boa persoa e un bo galego que exercía como tal.
De Manuel gardo o recordo do trato amabel na vida cos administrados; da boa veciñanza; da vontade de facer un favor ou axudar cando o precisabas. Tamén da súa nobleza, virtude que, nalgún caso, non só non foi comprendida se non que foi castigada.
Días antes do seu pasamento repentino tiven unha breve conversa con el. E nada indicaba o que logo aconteceu. E ise é o mellor recordo que me queda dunha persoa boa a que apreciba e respetaba.
“Cando un amigo se va, como dí a cantiga de Alberto Cortez, se queda un árbol caído que ya no vuelve a brotar porque el viento lo ha vencido.”
O vento derribou unha árbore boa, un carballo desta terra, unha persoa moi apreciada polos seus veciños que xa non volverá a dar sobbra nin consellos pra seguir camiñando pola vida. D.E.P.