Ollada crítica ao decreto de plurilingüismo de 2010

Abordaron os “efectos negativos” que tivo na presenza e no uso do galego nas escolas o decreto do 20 de maio de 2010 para o plurilingüismo.

O número 78 da Revista Galega de Educación, un monográfico titulado “Dez anos de plurilingüismo?”, foi presentado onte na Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense. Ante os futuros mestres presentes no acto, os seus promotores abordaron os “efectos negativos” que tivo na presenza e no uso do galego nas escolas o decreto do 20 de maio de 2010 para o plurilingüismo.

Participaron  no acto o decano do centro, Xosé Manuel Cid; as vicedecanas Isabel Mociño e Ana Iglesias; Mariló Candedo, coordinadora do monográfico e profesora da UDC; Xesús Fortes, membro do consello editorial da revista e profesor do CIFP Portovello de Ourense; e Francisco M. Paradelo, autor e profesor do CPI Virxe da Saleta de Cea.

Na súa intervención, Xosé Manuel Cid destacou a importancia de “abordar como está a normalización lingüística, a presenza e uso do galego no sistema educativo” dez anos despois da posta en marcha do decreto para o plurilingüismo. Valorou como “por se o galego xa non pasaba por moi boa saúde, sobre todo entre a xente máis nova, con toda a responsabilidade que poidamos ter os educadores aí, con ese decreto creo que aínda recuamos”. Cid amosou o seu desexo de “ter mil primaveras máis de recuperación do que se perdeu nestes dez anos”. 

Te puede interesar