O OUFF, unha fiestra aberta para o audiovisual

Adolfo Dufour, Darko Lungulov e RP Kahl non teñen máis nexo que o de pertencer ao mundo do audiovisual. Cada un deles abordao dende unha perspectiva moi diferente, pero esta mañá os tres coincidían nunha mesma reflexión, a importancia de que existan festivais como o de Ourense que lles está a permitir amosar os seus traballos ao público, algo que doutro xeito sería case que imposible.
Dufour é un dos nomes propios do mundo do documental en España, ligado durante anos a TVE agora traballa de xeito independente e presenta a competición en Ourense 'Septiembre del 75'. Darko Lungulov ten no concurso de longametraxes 'Tamo i ovde' (Aquí e alí), e Kahl trae á sección No límite do Permitido 'Bedways' (Esceas de cama).

Acceder aos canais de distribución non é tarefa fácil para os documentais, nin para unha coproducción modesta na que participan Serbia, Estados Unidos e Alemaña, nin moito menos para unha cinta sobre a sexualidade, na que se aborda a representación do sexo esplícito na gran pantalla sen chegar a pornografía.

O OUFF cumple con esa función, por en contacto ao público con eses traballos que fuxen de todas esas normas ás que obriga o cinema comercial.

Te puede interesar