Incendios

Medio Rural controlará "sobre o terreo" a realidade dos núcleos con máis actividade incendiaria

deportes11-archive-2017-10-13-1op0485 (1)
photo_camera Incendio forestal en Vilamarín, en 2017.

Ourense concentra o 68% deste tipo de parroquias. Os técnicos da Xunta reuniránse con alcaldes, forzas de seguridade e axentes sociais para "perfilar plans específicos para cada área"

A Consellería do Medio Rural iniciará a próxima semana as reunións de estudo e control das 77 zonas de Galicia que maior índice de actividade incendiaria presentan.

O obxectivo, segundo sinala a Xunta nun comunicado este domingo, é controlar "sobre o terreo" as "causas, consecuencias e peculiaridades" dos incendios en cada unha das parroquias con máis actividade incendiaria.

Deste xeito, técnicos de Medio Rural comezarán a reunirse con alcaldes e responsables municipais, representantes das forzas de seguridade e axentes sociais para perfilar plans específicos para cada área.

O obxectivo é estudar as causas que converten estas parroquias en puntos conflitivos para os lumes forestais e, deste xeito, articular plans de "prevención, disuasión, extinción e investigación" dos incendios.

A primeira das reunións, que se estenderán polas catro provincias galegas, terá lugar a próxima semana e estará centrada de maneira conxunta na zona dos concellos ourensáns de Maceda, Padrenda, Vilamarín e a propia capital provincial.

Ourense é a provincia que máis "Parroquias de alta actividade incendiaria" (PAAI) ten, concentrando o 68% destas áreas. A Xunta di no seu comunicado que a continuación levaránse as reunións ao resto de provincias e que se realizarán "sempre antes do inicio da temporada de alto risco de incendios, que coincide co verán".

Te puede interesar