Parada de Sil honra ao seu veciño Manuel Valdés

uploaded_parada1_result
photo_camera De esquerda a dereita, Magide, Mercedes Gallego, Manuel Valdés e Yolanda Jácome.

No acto produciuse a entrega dos premios do concurso de microrrelatos

Parada de Sil volveu onte a significar a un veciño do concello destacado pola súa actividade e que xeralmente reside fora do termo municipal. Fíxoo no marco do Día das Letras, que Parada adiantou a onte e que, sobre todo, serviu para honrar a Manuel Valdés, empresario natural de Sacardebois, e que emigrou sendo adolescente. Asentado en Barcelona, desempeñou varios oficios, pero pronto se meteu a empresario do transporte, despois convertiuse en taxista. Fundou Radio Tele Taxi e hoxe Radio Pomar, onde defendeu sempre aos galegos, especialmente aos afincados en Cataluña. 

A alcaldesa, Yolanda Jácome, destacou a traxectoria de Valdés, e destacou tamén o labor de mecenazgo de Eugenio Prieto, profesor universitario en Madrid e agora xubilado. O concelleiro de cultura, Francisco Magide, tamén lembrou ao filántropo Camilo Yáñez, patrocinador do premio de fotografía Rosa Pons.

Manuel Valdés, ademáis de lembrar andanzas da súa infancia, agradeceu que "o meu pobo e os meus veciños se lembren de min", e defendeu o valor da lingua propia.

Neste acto tamén se entregaron os premios do concurso de microrrelatos Parada de Sil-Ribeira Sacra, que recibiron a madrileña María Cabezas Ruiz, a gañadora,  Ariadna Fernández Colunga, unha xove escritora leonesa, que quedou segunda. Debido á calidade dos traballos, o xurado fixo unha mención excepcional para o traballo "A miña serea", do vigués Xosé Alfredo Fernández.

Ao final, tivo lugar a descuberta dunha placa na casa natal de Manuel Valdés, en Sacardebois. Actuou a coral Vellos Amigos de Manuel de Dios, baixo a batuta de Juan Feijóo. O mesmo grupo pechou a xornada coa interpretación do himno galego, tamén en Sacardebois. 

Te puede interesar