Parada de Sil presenta o seu amplo programa de verán cultural

O concello de Parada de Sil terá, antes de rematar o ano, todas as luminarias públicas convertidas en luminarias led, o que supón unha redución de consumo do 78% aproximadamente, segundo o estudo presentado. A obra tiña un coste de 346.810,85 euros en tres fases, solicitando axudas ó IDAE que dentro do programa europeo de redución de carbono concede unas subvencións do 80%.

Según di o alcalde, Aquilino Domínguez, acaban de chegar as dúas últimas subvencións, unha de 84.747 euros e outra de 102.988,12 o que permitirá, “en dous ou tres meses, ter rematado esta importante obra que, aparte do cambio das luminarias, supón a instalación de cadros eléctricos novos nos que se instala un driver electrónico programable que permite adaptar o fluxo lumínico en función do horario.
photo_camera Parada de Sil
As actividades que ofrece Parada de Sil neste verán

O Concello de Parada de Sil presenta o seu amplo programa de actividades para este verán. As variadas propostas exténdense ata o mes de outubro dando comenzo xa a principios de xullo. A Dance Proyect chegou este pasado venres para deixar a súa arte no Mosteiro de Santa Cristina coas entradas de balde. A proxima actividade celebrarase  o vindeiro 20 de xullo pola mañá, cun contacontos de Barriga Verde para os máis pequenos. 

Xa en agosto chega o forte do verán coa proxección da curtamentraxe “Barxacova”, un obradoiro de muralismo, o festival de corais, o obradoiro de chapas, a entrega de premios do concurso de fotografía e un concerto de guitarra. As grandes festas patronais na honra de San Ramón serán as encargadas de pechar o mes.

En setembro, un roteiro cultural e gastronómico dálle continuidades ao verán cultural, mantendo un mes de concertos. E en outubro, a actividade máis destacada será a visita teatralizada ao mosteiro de Santa Cristina.

Te puede interesar