DÍA DE LA MUJER TRABAJADORA

Pato reivindica o feminismo na recepción do Clara Campoamor

Ourense 9/3/18
Premio Clara Campoamor a Chus Pato en el liceo de Ourense

Fotos Martiño Pinal
photo_camera Chus Pato –no centro da imaxe–, logo de recibir o Premio Clara Campoamor, no Liceo.

A poeta ourensá recibiu o premio do concello de Ourense que honra á igualdade de oportunidades 

A poeta ourensá Chus Pato recibiu onte o Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades, concedido por unanimidade polo xurado da 12ª edición do certame organizado polo Concello de Ourense, que destacou que o seu traballo vai "máis alá das nosas fronteiras". 

Nun escenario especial como o Liceo, onde Chus Pato lembrou que "moitos escoitamos a Led Zepellin ou Pink floyd", a poeta subliñou o importante labor do feminismo, "que mellorou as vidas de homes e mulleres" ao longo dos anos. "Son feminista desde que teño uso de razón", manifestou, tras salientar que malia que "vivimos mellor que as nosas avoas e nais", as mulleres "seguimos soportando a violencia estrutural"  da sociedade. 

A premiada non perdeu a ocasión de homenaxear a vida de Clara Campoamor, enxalzando como rompeu no seu tempo a disciplina de voto do Partido Radical para permitir o voto feminino, subliñando que contou "co apoio do Partido Galeguista, algo do que me sinto orgullosa". Non dubidou en afirmar que se sentía "moi pequena" ao lado de Campoamor.

 O  alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, destacou "o luxo e a honra" que supón para Ourense dar este premio a Pato, "unha muller cuxa traxectoria vital e intelectual a converte nun espello no que mirarse, un referente necesario para xeracións de homes e de mulleres que aspiran a vivir nunha sociedade mellor, máis igualitaria e máis xusta". Vázquez lembrou que o Clara Campoamor recoñece que "as vitorias non chegan senón despois de loitar, de reivindicar e de traballar a prol dos obxectivos". 

Te puede interesar