Tamén se aprobou a obra de mellora na travesía de Boeiros, neste caso cun orzamento de execución de 100.000 euros
A xunta de goberno local do Concello de Pereiro de Aguiar aprobou tres proxectos técnicos de obras por valor de máis de 284.000 euros en distintos puntos do municipio.
Entre o acondicionamento atópase a ampliación da iluminación pública na Derrasa, Cortiñas, Boeiros e Cachamuíña, que conta cun orzamento de execución por contrata e 114.77 euros. Tamén se atopa o acondicionamento da travesía en Cortiñas, cun orzamento de execución por contrata de 70.000 euros. Por último, tamén se aprobou a obra de mellora na travesía de Boeiros, neste caso cun orzamento de execución de 100.000 euros.
A INICIOS DE XANEIRO
Estes proxectos estarán definitivamente aprobados a inicios de xaneiro, unha vez remate o prazo de exposición pública e se non hai ningún tipo de alegacións.