Pilar García Negro enfatiza en Barbadás a 'necesidade do galego'

Pilar García Negro, catedrática de Literatura Galega na Universidade da Coruña e histórica militante do nacionalismo galego, achegouse onte ao local social do BNG en A Valenzá (Barbadás), para referirse ao idioma do país, nun relatorio que levou por título 'Lingua galega: evidencias e necesidades'.
O acto estivo presentado polo portavoz do BNG nese concello, Xosé Manoel Fírvida. A presenza da ex deputada do Parlamento galego serviu tamén para dar a coñecer e explicar as iniciativas desenvolvidas nos últimos tempos para garantir 'os nosos dereitos lingüísticos tal e como recollen o Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización Lingüística e a Carta europea de linguas minoritarias, fronte á ofensiva iniciada polo actual Goberno galego dirixida a desmantelar usos oficiais do galego xa conqueridos'. García Negro obtivo recentemente o Premio Vicente Risco de ensaio pola súa obra 'O clamor da rebeldía'.

Te puede interesar