Piñor oferta clases gratis para aprobar en setembro

O Concello de Piñor pon en marcha un novo proxecto educativo, a Escola de Verán, 'unha estratexia para a loita contra o fracaso escolar e o abandono dos estudos antes de tempo', según suliña o alcalde, Francisco Xosé Fraga. Por primeiro ano, dende o municipio ofreceranse clases gratuitas para preparar os exames de setembro para o alumnado da Educación Secundaria (ESO). Concretamente, formarase a rapaces que cursen dende segundo a carto da ESO (ámbolos dous cursos incluidos) e as persoas que están a preparar istes estudos por libre (Servizo de Alfabetización de Adultos).
A escola abrirá o vindeiro 19 de xullo e as clases impartiranse de luns a venres, de 10,00 a 13,40 horas, nas dependencias da antiga Casa do Concello, e estarán dirixidas por unha profesora xeral e un profesional para lingua inglesa. A presentación oficial desta iniciativa será o luns 16 de xullo, as 20,00 horas, no salón de plenos do novo Concello.

Te puede interesar