OBRAS

O Plan de Investimentos do Concello completa a primeira fase cun importe de catro millóns de euros

As obras que o Concello adxudicou en senllas sesións da xunta de goberno local celebradas os días 30 e 31 de decembro de 2015, conseguirón salvar o último día melloras para a cidade

O Concello de Ourense mostrou o plan de investimentos na súa primeira fase a obras por importe de catro millóns de euros na cidade, exactamente de 3.928.380 euros. As obras de mellora realizáronse na cidade e no perímetro rural.

As obras que o Concello adxudicou en senllas sesións da xunta de goberno local celebradas os días 30 e 31 de decembro de 2015, conseguirón salvar o último día melloras para a cidade como a rehabilitación da pasarela sobre o Barbaña, o proxecto de seneamento Besada-Santa Mariña, a renovación do firme e adecuación na rúa do Mercado, como na Praza Eiroás e do Pazo, a humanización da rúa Concello e a videovixilancia no polígono de Seixalbo.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, entregou esta mañá aos grupos municipais de DO, PSdeG-PSOE e Ourense en Común o informe memoria do Plan de Investimentos, que recolle polo miúdo todas as actuacións realizadas.

Te puede interesar