CULTURA

Poesía, música e teatro para festexar ás Letras Galegas na cidade

photo_camera Chema Faílde, Ana Garrido, Oscar Penin e Uxío Novoneyra.

 Ourense celebrará o día Das Letras Galegas cun amplo programa de actividades que durará tres días 

A celebración do Día das Letras Galegas terá este ano en Ourense unha duración de tres días, dende mañá ata o domingo. O programa de actividades, que organiza a Asociación Procentenario Nós co patrocinio da Concellería de Cultura e a colaboración do Campus de Ourense, arranca mañá no claustro de San Francisco con "Malditos das letras", unha visión sobre os homenaxeados das Letras dos últimos 15 anos, cuya presentación correrá a cargo de Uxío Novoneyra, quen segundo explicou na presentación, "farase con humor e en positivo. Falaremos do porqué se elixiron e como foi o contexto da celebración".

Ese mesmo día haberá tamén teatro con Antón Lopo e o seus "Lampíricos"; poesía con Rochi Novoa e Celia Parra, e música coa Capela Madrigalista. O programa tamén contempla para o domingo a inauguración oficial dos actos do Día das Letras Galegas, un concerto de Martín Codax, lectura de textos acompañada polo grupo "2nafronteira" estreando novas composicións sobre a "Xeración Nós", teatro e unha carpa dos libreiros.

Oscar Penin, da asociación "A Bela Auria", quixo resaltar na presentación que "podemos demostrar que co talento ourensán pódense facer programas de calidade. Todos os participantes nas actividades destes días son ourensáns, coa excepción de Antón Lopo".

Te puede interesar