'Os políticos temos que recuperar a credibilidade'

El parlamentario Miguel Santalices Vieira (Foto: Miguel Ángel)
Con case vinte años adicados á actividade parlamentaria, o portavoz sanitario do Partido Popular, Miguel Santalices, recibiu en Madrid o premio ó mellor parlamentario autonómico de España que concede o xornal especializado Redacción Médica, coincidindo co seu nomeamento novamente como vicepresidente do Parlamento de Galicia na IX lexislatura que se constituiu onte.
Na mesma semana recibe un premio á súa labor e renóvano no cargo de vicepresidente do Parlamento. Satisfeito?
A verdade é que esta foi unha semana con certa intensidade, pero intensidade positiva. Tanto a comunicación que me fixo o presidente de continuar na vicepresidencia como o premio que recollín o martes, son dúas cousas que me enchen de orgullo e satisfacción e me motivan para continuar o meu labor.

Por que cre que o elexiron como o parlamentario autonómico más relevante?
Un factor determinante para conseguir este recoñecemento foi o impulso da Lei de Racionalización Farmacéutica, o coñecido como o catálago priorizado de medicamentos. Foi unha lei que marcou un feito diferencial na prestación farmacéutica a nivel estatal. Determinante, positiva, consensuada e cun beneficio importantísimo para a comunidade porque supuña un aforro -sen mermar ningún dos principios activos- de máis de 100 millóns de euros. Outra cousa relevante creo que foi o feito de que puidera porlle voz no Parlamento a unha aposta polas infraestructuras sanitarias públicas nun contexto de crise.

Que supón este premio para vostede?
Un gran recoñecemento a miña traxectoria que non podo dicir que sexa curta. É toda unha vida adicada á xestión pública e á alta responsabilidade. Que se valore o meu traballo me crea unha satisfacción especial. Ben é certo que este premio débollo á liberdade con que me deixaron traballar desde o meu grupo e ó labor de todos os profesionais cos que contacto sempre e que me facilitaron moita información que me mantuvo sempre en plena actividade. Tamén teño que adicarllo aos ourensáns, polo respaldo que durante tanto tempo me están dando e ademáis motivan cada vez máis ese sentimento que non é tanxible pero que levamos dentro, que é o sentimento de ourensanía.

Esperaba renovar no cargo de vicepresidente?
Honestamente penso que na etapa que estiven na vicepresidencia do Parlamento as miñas tarefas cumprinas razonablemente e de acordo o que me pediron. Nese senso, si, podo dicir que o esperaba xa que o traballo foi desenvolvido sin atranco ningún.

Como afronta esta nova lexislatura?
Afróntoa coa expectativa e desexo que de que sexamos capaces de atinar coas propostas que a sociedade quere que debatamos no Parlamento. Quero que sexa unha lexislatura na que traballemos cun fin común que é conferir o mellor para ós cidadáns, que foron os que nos elexiron. Aínda que poida haber discrepancias, hai determinados temas nos que estamos condenados a entendernos. Iso o pobo agradeceríao e incluso serviría para que se puidera mellorar a imaxe da clase política, que está bastante deteriorada. Debemos recuperar un prestixio e unha credibiliade que nunca debemos perder.

Que retos concretos teñen marcados?
Un dos aspectos importantes, no eido da Sanidade -unha das cousas que mais lle preocupan á nosa xente- será poñer sobre a mesa de debate do Parlamento a Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias, que regularía os tempos máximos de espera dos pacientes tanto para unha intervención como para unha consulta. Sería unha lei interesantísima que os cidadáns agradecerían moito, e pola que debemos traballar a reo, cando o presidente decida presentala, que polo que ven manifestando vai darlle a prioridade máxima unha vez iniciada a lexislatura.n

Te puede interesar