OURENSE

O PP esixe a dimisión do alcalde

O grupo popular apunta que "importantes proxectos estratéxicos quedarán no aire"

O Partido Popular de Ourense pide a dimisión do alcalde despois da renuncia de Áurea Soto os seus cargos. O grupo popular lembrou as palabras de Agustín Fernández nas que defende a súa concelleira de Urbanismo, "poñendo a man no lume por ela". Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación, expresou que "agora é o momento de que o alcalde amose dunha vez que ten palabra, que cumpra o que dixo e que dimita".

Dende o grupo municipal do Partido Popular apuntan a xestión da edil e a afirman que "importantes proxectos estratéxicos como o Plan de Investimentos, o PXOM, AS Burgas ou a Praza de Abastos entre outros moitos, quedarán no aire".

Te puede interesar